A xestión diaria dunha cooperativa | Edición I

A Rede Eusumo organiza a formación en liña: "A xestión diaria dunha cooperativa"

Datas: do 18 de xullo ao 1 de agosto de 2023

Modalidade: en liña a través do Campus Eusumo

Persoas destinatarias: esta acción está dirixida a todas as persoas que teñan unha cooperativa e precisen dunhas directrices para xestionala ou realizar cambios nesta.

O obxectivo deste curso é que as persoas que teñen unha cooperativa xa encamiñada ou nunha fase inicial coñezan determinados aspectos básicos que faciliten a xestión desta.

O programa desta formación é o seguinte:

MÓDULO 1. O traballo en equipo

  • A constitución da cooperativa
  • Compromiso coa cooperativa
  • O traballo en equipo
  • Quen fai que?
  • Reunións, asembleas

MÓDULO 2. O proceso de venda

  • Análise da situación actual
  • Creación de novos produtos/servizos
  • Canles de venda
  • Contacto cos intermediarios

MÓDULO 3. A xestión económica da entidade

  • Contabilidade
  • Administración
  • Financiamento

As inscricións estarán abertas ata o 17 de xullo de 2023 e faranse seguindo estes pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Consulta o cartel da formación.

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

 

Martes, 18 July, 2023 - 00:00 to Martes, 1 August, 2023 - 23:45

Compartir