Xestión contable e fiscal en cooperativas

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

XESTIÓN CONTABLE E FISCAL EN COOPERATIVAS
 

Datas: do 15 ao 30 de setembro

Horario e modalidade: Celebraránse 4 sesións virtuais na plataforma de teleformación.
Día 15 de setembro de 10:30 – 12:00 h Presentación do curso e das participantes, organización do estudio. Explicación da área contable.
Día 21 de setembro de 10:30 – 12:30 h Resolución de dúbidas da área contable. Caso prácticos.
Día 23 de setembro de 10:30 – 11:30 h Presentación da parte de fiscalidade
Día 30 de setembro de 10:30 – 12:30 h Resolución de dúbidas da área fiscal. Casos prácticos.

Duración: 15 horas

Destinatarios: persoas socias pertencentes aos equipos directivos, persoas que formen parte do Consello Reitor, e socias e asalariadas con responsabilidades de departamento ou area, de cooperativas.

Obxectivos: 

- Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.
- Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.
- Divulgar de forma práctica ás cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección .
- Potenciar o coñecemento mutuo e intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras.

Módulos formativo:

Módulo 1: Contabilidade cooperativa
O Capital social
Os Resultados cooperativos e extracooperativos: casos
Contabilización separada: supostos
Resultado de explotación.

Módulo 2: Fiscalidade cooperativa
Perda da especial protección e Factores a ter en conta
Bonificacións fiscais aplicadas na tributación cooperativa;
Liquidación imposto de sociedades e particularidades.

Inscricións:

- Cota da matrícula a ingresar na conta bancaria ES10 3070 0035 2060 2721 0522.
Cooperativas socias de EspazoCoop: 25€ por persoa
Cooperativas non socias e outras entidades da Economía Social vinculadas ás organizacións do Foro da Economía Social de Galicia e / ou REAS Galicia: 50 € por persoa
Persoas interesadas non pertencentes a entidades anteriormente indicadas: 100 € por persoa
- Envío de xustificante da cota ingresada ao correo: patane@espazo.coop
- A través do seguinte formulario.
- Máis información en patane@espazo.coop / 881 887 456 ou www.espazo.coop
 

 

Martes, 15 September, 2020 - 10:30 to Mércores, 30 September, 2020 - 12:00

Compartir