Xa podes consultar o programa completo do Pont-Up Store!

O PONT-UP STORE é unha iniciativa de apoio ao emprendemento, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da
cultura emprendedora na sociedade.

Durante os días 21, 22 e 23 de setembro Pontevedra acolle en distintos puntos da cidade un programa de actividades con propostas innovadoras pensadas para orientar e axudar ás persoas que están no camiño do emprendemento.

O punto central estará situado na Praza de España, onde será posible visitar os stands e coñecer unha selección das mellores iniciativas de emprendemento do país; e participar nas actividades de dinamización que se desenvolverán no espazo central. A pouca distancia, nas instalacións da Facultade de Belas Artes, estará o Fab Lab Laboratorio Creativo.

Consulta o programa completo aquí.

 

Venres, 8 September, 2017 - 10:15

Compartir