Visita formativa a Xeitura Coop | Concello da Veiga

O Concello da Veiga organiza unha visita formativa a Xeitura Coop, Xestión Integral do Patrimonio situada en Allariz (Ourense) como actividade de promoción e impulso do cooperativismo na Veiga..
Xeitura é unha cooperativa galega que traballa no ámbito da economía social e que desde o 2012 ofrece servizos culturais, medioambientais e de ocio.
A visita realizarase o mércores 14 de xuño do 2023 e seguirase o seguinte programa:
9.15 Saída desde a praza do concello
10.30 Recepción instalacións Xeitura Coop, Xestión Integral do Patrimonio (Allariz)
11.00 Carla impartida por Xeitura Coop, Xestión Integral do Patrimonio
12.30 Visita casco histórico de Allariz e festival Internacional dos Xardíns
14.00 Comida
16.30 Visita Ecoespacio O Rexo e Centro Medioambiental con degustación de Produtos O Rexo e viño galego
18.30 Regreso A Veiga
Se queres asistir, podes inscribirte a través do correo centroapicolaprada@gmail.com ou chamando ao 603 71 96 73.
Consulta o cartel da actividade.