V Masterclass: Claves sobre marketing dixital para persoas emprendedoras

Fundación Roberto Rivas, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte masterclass:
CLAVES SOBRE MARKETING DIXITAL PARA PERSOAS EMPRENDEDORAS
Data: 28 de setembro
Horario: de 18:00 a 19:30 horas
Modalidade: formacion en liña través da plataforma Zoom
Destinatarios: persoas que estean desenvolvendo un proxecto de emprendemento produtivo
Obxectivo: á hora de emprender é moi importante desenvolver unha boa e innovadora idea de negocio, pero para facela funcionar tamén é moi importante facer uso das ferramentas adecuadas, e o márketing dixital é o método perfecto para impulsar o teu negocio.
Moitas veces pensamos que as accións de comunicación requiren dun gran presuposto, pero seguindo un plan acorde ao teu negocio e deseñando unha estratexia pods comezar a sacar partido ao marketing dixital para o teu proxecto.
Programa:
Nesta clase veremos as claves principais de marketing dixital que che axudarán á hora de deseñar unha estratexia, xa que coa chegada das redes sociais, o concepto tradicional da comunicación e publicidade cambia, e introdúcese o márketing dixital como ferramenta indispensable en calquera plan de comunicación. As redes sociais e internet en xeral chegan para facer iguais a grandes e pequenos e representan un medio publicitario accesible para calquera persoa.
A sesión a impartirá Verónica Mouriño, consultora en comunicación e marketing dixital especializada en negocios dixitais.
Inscricións:
- Gratuíta
- Mais informacion: www.fundacionrobertorivas.org