A USC celebra a mostra "Préndete da economía social"

O próximo xovés 12 de novembro ás 11:00 horas, a Universidade de Santiago de Compostela celebrará a mostra virtual "Préndete da economía social". Esta mostra emerxe como unha actividade dun só día orientada a achegar a economía social á contorna da Universidade de Santiago de Compostela.
A finalidade é xerar un ecosistema real de economía social mediante:
- Experiencias de empresas de economía social
- Tendencias e oportunidades de negocio en sectores emerxentes
- Ferramentas facilitadoras para mellorar a competitividade do teu negocio
- Demolabs tecnolóxicos
- Showrooms de startups responsables
A mostra celebrarase en formato online e acollerá diversas actividades ao longo da xornada:
1. Difusión e divulgación dun panel de empresas de economía social cunha traxectoria exitosa no eido empresarial galego, coma Galletas Da Veiga, Galega de Economía Social, CEM S. Coop, Strelia S. Coop. Galega, Casa Grande de Xanceda, ...
2. Tendencias sectoriais e de xestión e oportunidades de negocio emerxentes, relacionadas coas seguintes temáticas:
- Xestión de datos masivos: Como converter datos dispersos en información útil para túa empresa
- Oportunidades de negocio baseadas en mobilidade intelixente
- Valorización de recursos naturais
- Economía circular/Eficiencia enerxética
- Comercio electrónico no comercio de proximidade
3. Showrooms virtuais, para o coñecemento de novas persoas emprendedoras. Participarán:
- Sanxerome
- Boasemente
- Azul Cielo
- Nael Swimwear
- Milhulloa
4. Coloquio de demolabs tecnolóxicos coa participación de 4 empresas relacionadas con:
- Solucións tecnolóxicas baseadas en realidade aumentada e virtual
- MycoGalicia Plantae. Os recursos naturais
- Xestión intelixente de parcelas no rural
- Arquitectura a través de realidade virtual
Para asistir coma público na mostra virtual inscríbete nesta ligazón: http://bit.ly/mostraprendetedaES
Pódese atopar toda a información en detalle en: https://usceconomiasocial.gal/ e para participar coma público inscribirse en:
Contactos: info@usceconomiasocial.gal ou en 687 33 37 09.