Transformación dixital

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
TRANSFORMACIÓN DIXITAL. Unha proposta práctica para acceso a fondos de financiamento
Datas: do 23 de marzo ao 7 de abril
Modalidade e horario: A través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop se celebraran 6 sesións virtuais de aprendizaxe o 23 e 24, 30 e 31 de marzo e o 6 e 7 de abril, en horario de 12:00 a 13:30 horas.
Duración: 20 horas
Destinatarios: persoas socias pertencentes aos equipos directivos, persoas que formen parte do Consello Reitor, e socias e asalariadas con responsabilidades de departamento ou area de cooperativas.
Obxectivos:
- Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.
- Achegar unha panorámica das dimensións e oportunidades que implica a transformación dixital, para poder analizar cales poden ser de interese e aplicables á realidade de cada cooperativa.
- Divulgar de forma práctica boas prácticas e ferramentas que permitan exemplificar as dimensións da transformación dixital. Tanto se poden aplicarse directamente, como para solicitar e valorar a contratación de servizos externos, tamén de intercooperación entre cooperativas.
- Potenciar o coñecemento mutuo e intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras.
Módulos formativo:
1. Infraestruturas (conectividade, hardware, software). Xestión interna.
2. Información, datos e seguridade.
3. Traballo en equipo en contornas virtuais.
4. Comercialización de bens e dixitalización de servizos.
5. Clientes e audiencias.
6. Marketing. Comunicación.
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do seguinte formulario.
- Máis información en patane@espazo.coop / 881 887 456 ou www.espazo.coop