Terra de Trasancos mostra a estudantes o potencial do cooperativismo

A Fundación Terra de Trasancos recibiu hoxe a estudantes do ciclo de Técnico Superior en Xestión Forestal e do Medio Matural do CIFP de Santiago, nun obradoiro titulado “Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, que organiza AGACA no marco da Rede Eusumo.

Esta iniciativa busca dar visibilidade ao cooperativismo e a economía social entre os estudantes para que, unha vez rematados os estudos, poidan telos en conta como opción de emprego. Guiados polo persoal da fundación, o alumnado percorreu as instalacións para coñecer de primeira man o funcionamento da entidade, que desenvolve a súa actividade, agrícola y de servizos, dentro do modelo de la economía social.

Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

 

Martes, 21 Maio, 2019 - 16:45

Compartir