Teleformación "Plan de empresa"

O concello de Narón organiza a través da Rede Eusumo a seguinte actividade formativa:
 

CURSO EN LIÑA “PLAN DE EMPRESA”
 

Datas: do 29 de setembro ao 27 de outubro

Modalidade: en liña

Duración: 60 horas

Destinatarios: esta formación en liña está aberta ao público en xeral, establecendo en todo caso a seguinte prioridade de acceso:
• Mulleres
• Persoas con diversidade funcional
• Persoas en risco de exclusión social
• Persoas vinculadas coa Economía Social
• Persoas desempregadas

-Obxectivos do curso:

• Comprender a utilidade e importancia dun plan de empresa cooperativa e coñecer e capacitar ao alumnado para a súa elaboración.
• Singularizar a empresa cooperativa en relación coas empresas capitalistas convencionais.
• Coñecer os conceptos clave e empregar as ferramentas para elaborar os plans de mercadotecnia, económico-financeiro, produción e de recursos humanos.
• Adquirir os coñecementos para a toma de decisións formais e organizativas nunha entidade.

Programa formativo:

1. Introdución. A importancia do plan de empresa
2. A empresa cooperativa
3. Os primeiros elementos dun plan de empresa
4. Descrición do negocio. O produto e o servizo
5. Plan de operacións de calidade
6. Plan de mercadotecnia estratéxica
7. Plan de mercadotecnia operativa
8. Plan de recursos humanos
9. Plan económico-financeiro
10. Plan xurídico, laboral e fiscal

Inscricións:

- Gratuía
- A través deste enderezo web. 

 

Martes, 29 September, 2020 - 09:30 to Martes, 27 October, 2020 - 09:30

Compartir