Teleformación: Iniciación á cooperativa de traballo

TELEFORMACIÓN: INICIACIÓN Á COOPERATIVA DE TRABALLO

Datas: do 4 ao 25 de febreiro
Duración:
 40 horas
Formación: en liña
Destinatarios: persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción, Asociacións, Fundacións, etc.) e persoas interesadas nesta temática en xeral.
Obxectivos:

  • Presentar os fundamentos e singularidades da economía social
  • Contextualizar o movemento cooperativo no marco da economía social
  • Proporcionar os coñecementos fundamentais sobre o cooperativismo de traballo e as súas especificidades
  • Revisar a organización, funcionamento e participación societarios nunha cooperativa de traballo asociado
  • Estudar o réxime económico e as implicacións nunha cooperativa de traballo
  • Comprender o concepto e a importancia da intercooperación.

Programa:

Tema 1: Os valores e principios do cooperativismo
Tema 2: Qué son as cooperativas?
Tema 3: As cooperativas de traballo asociado
Tema 4: Socias e socios: aspectos clave
Tema 5: Os órganos sociais
Tema 6: Os conceptos claves do réxime económico
Tema 7: A participación responsable
Tema 8: A intercooperación

Inscricións:
- Gratuítas
- A través do seguinte formulario ou no 881 887 456​ patane@espazo.coop

Se queres visualizar o cartel preme aquí.

 

Martes, 4 February, 2020 - 18:45 to Martes, 25 February, 2020 - 18:45

Compartir