Taller: uso profesional das redes sociais para empresas de economía social

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

TALLER USO PROFESIONAL DAS REDES SOCIAIS PARA EMPPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL 
 

Datas: 19 ao 23 de abril de 2021

Horario: 10:00 - 13:00 h

Modalidade: on line

Duración: 15 horas

Destinatarios: Persoas que estén traballando no eido do marketing e xestionando redes sociais, ou teñan pensado facelo, en cooperativas e empresas de economía social.

Obxectivos: 

  • Dotar aos asistentes dunha visión estratéxica sobre o marketing online e o papel das redes sociais.
  • Formarlles para que poidan autoxestionar os perfís en redes sociais con criterios profesionais.
  • Formarlles para a realización de campañas sinxelas de publicidade en redes sociais.
  • Proporcionarlles ferramentas para a interpretación dos datos estadísticos de visitas aos perfís sociais
  • Asesorarlles de xeito individualizado para que desenvolvan correctamente o seu propio plan de redes sociais, de acordo coas súas necesidades particulares.

 

Módulos formativo:

 

Módulo 1: As redes sociais e o seu papel no marketing e a reputación dixital (5 horas)
• Situación actual das redes sociais en España: estatísticas de usuarios por rede, perfís de idade e xénero e presenza das empresas, segundo os últimos infrmes dispoñibles no momento da impartición do curso.
• Comportamento dos usuarios nas redes sociais.
• Partindo de cero: Os pares sobre los que se constrúe a marca. As peculiaridades da empresa de economía social.
• Falamos para todo o mundo? Definición de target ou público obxectivo ao que nos diriximos.
• Vantaxes do concepto de economía social na reputación online.
• Social Media Plan: Elementos do mesmo e xeito de construílo.
• O papel das redes sociais como elemento de atracción e interacción.
• Plan de contidos: Como crear mensaxes atractivas nas redes sociais?
• Que entendemos por contido de valor? Como se relaciona coa nosa marca?
• Difusión de contidos externos e xeración de contidos internos.
• Regra de proporción entre contidos promocionais e non promocionais nas redes sociais.
• Tratamento da privacidade nas redes sociais.
 
Módulo 2: Uso profesional das redes sociais (5 horas)
• Quen vai a xestionar as redes sociais? O papel do Community Manager.
• En que redes sociais me interesa estar?
• Adaptación da linguaxe a cada unha das redes sociais analizadas.
• Expectativas das persoas usuarias de cada unha das redes sociais.
• Como traballar profesionalmente e atraer clientes en Facebook, Instagram, Twitter, LinkedIn e YouTube. Dende a creación de páxinas de empresa ata as ferramentas de xestión das mesmas, paso a paso (práctica)
• Como utilizar correctamente os contidos creados por terceiros.
• Atención ao cliente a través das redes sociais.
• Xestión de crisis nas redes sociales. Manexo dos trolls e como apagar incendios.
• Comunicación visual e en vídeo: Aspectos básicos de contido, edición e publicación de fotografías e vídeos propios.
• Ferramentas de automatización e programación de contidos: Hootsuite.
 
Módulo 3: Publicidade nas redes sociais e interpretación de resultados (5 horas)
• Ferramentas de publicidade en cada rede social
• Os orzamentos de publicidade e o seu reparto nas distintas redes segundo a actividade da empresa.
• Plataforma Facebook Ads:
  • o Creación de conta publicitaria
  • o Xestión de facturación e pagos
  • o Campañas, grupos de anuncios e anuncios
  • o Establecemento de audiencia das campañas ou grupos de anuncios: sexmentación do mercado por criterios xeográficos, de idade, xénero, profesión e intereses do público ao que queremos chegar coa campaña,
  • o Tipos de anuncios en Facebook e Instagram
  • o Xestión de anuncios en Instagram dende Facebook Ads
  • o Prezos: Custe por clic (CPC) vs custe por mil (CPM)
  • o Regras das imaxes e vídeos que forman parte dos anuncios
  • o Anuncios con contido dinámico
  • o Interpretación e análise dos resultados das campañas
• Publicidade sinxela en Instagram (sen Facebook Ads)
• Publicidade en Twitter e LinkedIn
• Facebook Ads versus Google Ads?
• Interpretación e análise das estatísticas das diferentes redes sociais.
• Estadísticas de cada unha das redes sociais e a súa interpretación: Facebook, Instagram, Twitter e LinkedIn.
 
Inscricións:

 

Luns, 19 April, 2021 - 17:15 to Venres, 23 April, 2021 - 17:15

Compartir