Taller: Teoría e práctica do comercio exterior

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:
TEORIA E PRACTICA DO COMERCIO EXTERIOR
Datas: 20,21,22, 25 e 26 de outubro
Horario: de 11:00 - 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: na Cámara de Comercio de Santiago, Viveiro de empresas, República Checa, 40, Polígono de Costa Vella, Santiago de Compostela
Duración: 15 horas
Contido formativo:
- UNIDADE 1 – ECONOMÍA SOCIAL
- Que é a economía social
- Principios que a orientan
- Valor da internacionalización para estas empresas e entidades
- UNIDADE 2 – CASOS PRÁCTICOS: TOMA DE DECISIÓNS ESTRATÉXICAS DENTRO DA EMPRESA
- Autodiagnose da posición competitiva. Caso práctico
- Diagnose do potencial de internacionalización. Caso práctico
- UNIDADE 3 – ECONOMÍA MUNDIAL E COMERCIO INTERNACIONAL
- Fontes de información necesarias sobre economía mundial para toma de decisións estratéxicas.
- Fontes de información necesarias sobre comercio internacional para toma de decisións estratéxicas.
- UNIDADE 4 – CASOS PRÁCTICOS: PLAN DE MERCADO INTERNACIONAL E PRESELECCIÓN DE MERCADOS INTERNACIONAIS. INDICADOR GLOBAL DE RISCO (IGR)
- Decisión estratéxica de concentración ou diversificación de mercados. Caso práctico.
- Análise de países. Caso práctico.
- Plan de mercado internacional. Caso práctico
- Preselección de mercados internacionais. Caso práctico.
- UNIDADE 5 – CASOS PRÁCTICOS: POSTA EN MARCHA DA INTERNACIONALIZACIÓN DA EMPRESA.
- Decisión estratéxica: elección de Incoterm
- Decisión estratéxica: elección de forma de pago
- Preparación dunha entrevista de negocio internacional. Factores a ter en conta. Caso práctico.
- Preparación do contrato internacional. Caso práctico.
Inscricións:
- Gratuíta
- A través de www.camaracompostela.com
Mércores, 20 October, 2021 - 11:00 to Martes, 26 October, 2021 - 14:00