Taller sobre iniciación ao comercio electrónico para empresas de economía social

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

TALLER SOBRE INICIACIÓN AO COMERCIO ELECTRÓNICO PARA EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL 
 

Datas: 17, 18, 23, 24 e 25 de marzo de 2021

Horario: 10:00 - 13:00 h

Modalidade: on line

Duración: 15 horas

Destinatarios: Persoas que teñan funcións de dirección, xestión de ventas, loxística e teñan unha web de venda online, ou teñan pensado facelo, en cooperativas e empresas de economía social. 

Obxectivos: 

  • Dotar aos asistentes dunha visión estratéxica de conxunto sobre o comercio electrónico. 
  • Formarlles para que poidan autoxestionar unha tenda online básica. 
  • Formarlles para que coñezan os aspectos fundamentais dunha web eficaz de comercio electrónico. 
  • Dar a coñecer as diferentes alternativas e plataformas de comercio electrónico e as súas características. 
  • Proporcionarlles ferramentas para a interpretación dos datos estatísticos de visitas aos perfís sociais 
  • Asesorarlles de xeito individualizado para que desenvolvan correctamente o seu propio plan de redes sociais, de acordo coas súas necesidades particulares. 

Módulos formativo:

 

Módulo 1: E-commerce: Por que, cando e como? (5 horas)
 
• Situación actual do e-commerce en España, por sectores e empresas, segundo os últimos informes dispoñibles no momento da impartición do curso.
• Comportamento dos usuarios nas tendas online.
• O e-commerce non é o inimigo, e unha nova canle de venta á que é necesario adaptarse.
• Interésame vender en internet?
• Que produtos podo vender en internet?
• Que recursos vou precisar para facelo?
• Unha tenda online é unha tenda.
• Comparativa custes de tenda online e tenda física.
• Como afecta a creación dunha tenda online á xestión da empresa.
• Plan de negocio dunha tenda online a 3 anos. Periodos de proba, test A/B, aprendizaxe e madurez.
• Diferentes plataformas de e-commerce: Prestashop/Magento e Wordpress+WooCommerce. Características de cada unha delas.
• A loxística nunha tenda online. Envíos e loxística inversa.
• Formas de pago no e-commerce.
• Requisitos legais e lexislación específica do e-commerce.
 
Módulo 2: A web de e-commerce. Aspectos básicos (5 horas)
 
• Cómo debe ser a páxina de inicio dunha tenda online
• Aprendendo dos grandes: As regras básicas de distribución da páxina de inicio.
• Situación dos elementos principais na páxina de inicio.
• Categorización de productos.
• Ofertas, promocións e “call to action”
• Menús principal e secundarios: Contidos mínimos e contidos recomendables.
• Contar quen somos e poñer caras á empresa (especialmente nas empresas de economía social)
• Información adicional e de utilidade para o cliente.
• Fichas de produto: Aspectos imprescindibles e recomendables.
• Que información precisa o cliente para comprar?
• Clientes rexistrados vs. venda sen rexistro previo
• Cross-selling e up-selling.
• Formularios de rexistro e petición de consentimento para o tratamento de datos e envío de publicidade: Requisitos legais e recomendacións.
• Xestión de devolucións.
• Atención ao cliente.
• Carriño da compra, confirmación e pago.
• Xestión de pedidos e información ao cliente.
 
Módulo 3: Marketing específico para e-commerce e integración online/offline (5 horas)
 
• Ferramentas de marketing: web, blog e redes sociais.
• Fundamentos básicos de SEO.
• Campañas de publicidade en redes sociais e Google Ads.
• Toma de decisións baseadas nos datos: Introducción a Google Analytics.
• Integración entre tenda online y offline: como unha axuda a outra (e viceversa). Accións na tenda física e na online.
• E-commerce de proximidade
• Inversión en marketing para o e-commerce
• Marketplaces: Amazon, eBay e outras plataformas como axuda para darnos a coñecer e testar a viabilidade de produtos.
• Manexo das ofertas e temporalización.
• Flash sales.
• Pop-up stores: tendas efímeras.
• Aluguer de escaparates e espacios físicos para amosar os teus produtos online.
 

Inscricións:

 

Mércores, 17 March, 2021 - 17:00 to Xoves, 25 March, 2021 - 17:00

Compartir