Taller: Creación de tenda en liña con wordpress+woocommerce
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:
CREACIÓN DA TENDA EN LIÑA CON WORDPRESS+WOOCOMMERCE
Datas: de 14 a 18 de marzo
Horario: de 10:00 a 14:00 h
Modalidade: en liña
Duración: 20 horas (5 sesións de 4 horas de duración cada unha)
Obxectivos:
- Coñecer WooCommerce e valorar se é a plataforma axeitada para o desenvolvemento da tenda en liña da empresa ou profesional asistente.
-
Aprender os pasos para o desenvolvemento dunha tenda en liña sinxela con WooCommerce.
-
Coñecer o ecosistema de plantillas de deseño, plugins e editores visuais con WooCommerce
Contido formativo:
- A relevancia do e-commerce para as entidades de economía social e cooperativas.
- Wordpress: O sistema máis utilizado no mundo para a creación de webs.
- Que é WooCommerce e como se integra con Wordpress para transformar unha web simple nunha tenda en liña completa.
- Diferenzas de WooCommerce con outras plataformas de comercio electrónico.
- Comparativa entre WooCommerce e Prestashop.
- O back office de Wordpress: elementos básicos
- Vantaxes e inconvenientes de WooCommerce.
- Creación dunha tenda en liña en WooCommerce: pasos do proceso.
- Ecosistema de plantillas de deseño.
- Ecosistema de plugins.
- Configuración do back office de WooCommerce.
- Editores visuais para Wordpress: creatividade total sen programar códigos.
- Xestión de produtos e inventarios.
- Prezos, ofertas e códigos de desconto.
- Xestión de pedidos.
- Loxística. Regras e zonas de envío.
- Integración coas empresas de loxística.
- Xestión de clientes.
- Integración de TPV virtual e sistemas de pagamento.
- Integración con tenda física: Conexión con software de punto de venda e integración de inventario.
- Integración con marketplaces: Amazon e outros.
- Integración con tenda online en Facebook+Instagram
- Xestión do blog en Wordpress.
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición
Luns, 14 March, 2022 - 10:00 to Venres, 18 March, 2022 - 14:00