Taller: Creación da tenda en liña con shopify para entidades de economía social

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:
CREACIÓN DA TENDA EN LIÑA CON SHOPIFY PARA ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL
Datas: 21 ao 25 de febreiro de 2022 (NOVAS DATAS)
Horario: de 10:00 - 13:00 h
Modalidade: en liña
Duración: 15 horas (5 sesións de 3 horas de duración cada unha)
Obxectivos:
- Coñecer Shopify como plataforma de comercio electrónico na nube
- Axudar a elixir un plan de prezos e servizos segundo as necesidades do asistente
- Aprender os pasos básicos para a creación dunha tenda en liña sinxela con Shopify
- Coñecer as posibilidades de integrar servizos externos en Shopify (TPV, compartir catálogo, etc).
Contido formativo:
- O e-commerce e as entidades de economía social
- Shopify: A túa tenda na nube
- Plans de prezos en Shopify
- Diferencias de Shopify con outras plataformas de comercio electrónico
- Comparativa de Shopify con outros sistemas na nube
- Comisións por vendas en Shopify
- Características básicas de Shopify
- Vantaxes e inconvintes de Shopify
- Creación dunha tenda en liña en Shopify: pasos do proceso
- Elección do deseño da web
- Configuración do back office
- Xestión de produtos e inventarios
- Prezos, ofertas e códigos de desconto
- Xestión de pedidos
- Loxística con Shopify
- Integración coas empresas de loxística
- Xestión de clientes
- Integración de TPV virtual e sistemas de pagamento. Plataforma de pagamento de Shopify
- Integración con tenda física: Conexión con software de punto de venda e integración de inventario
- Ferramentas gratuitas de marketing dispoñibles en Shopify
- Xestión do blog en Shopify
Inscricións:
- Gratuíta ata o 20 de febreiro
- A través do formulario de inscrición
Luns, 14 February, 2022 - 10:00 to Venres, 18 February, 2022 - 13:00