“SMART VILLAGE” E A NOVA RURALIDADE

A asociación para o desenvolvemento rural da comarca de Lugo organiza a seguinte actividade no marco da Rede Eusumo:
“SMART VILLAGE” E A NOVA RURALIDADE
Datas: do 20 ao 24 de xullo
Horario: de 16:00 a 20:00 horas
Lugar: no salón de actos do Centro Sociocultural de Friol.
Duración: 20 horas (5 sesións presenciais)
Obxectivos:
- Analizar e reflexionar sobre as “Smart Village” e a nova ruralidade co obxectivo de intercambiar ideas, interaccionar e colaborar entre os participantes procedentes tanto de Administracións responsables de deseños de políticas, como de actores do medio rural e responsables de facilitar ou poñer en práctica proxectos dirixidos a revitalizar as zonas rurais a través da innovación social e dixital.
- Abordar as necesidades de dixitalización do medio rural e as características dos territorios rurais intelixentes a través dun proceso participativo.
- Debater sobre as liñas vinculadas á dixitalización do medio rural no ámbito territorial, para contribuír ao desenvolvemento da axenda de dixitalización do sector agro alimentario e forestal e o medio rural, coa participación dos principais actores do territorio.
- Identificar liñas ou ideas para o desenvolvemento de posibles proxectos piloto para a posta en práctica de pobos intelixentes que sirvan de exemplo e modelo para outros municipios e zonas con condicións estruturais e socioeconómicas similares.
Destinatarios:
> Concellos rurais
> Emprendedores rurais
> Cooperativas e industrias agroalimentarias
> Organizacións profesionais Agrarias, Cooperativas e Asociacións del medio rural
> Empresas tecnolóxicas e centros tecnolóxicos agroalimentarios
> Organizacións de mulleres rurais
> Persoas interesadas no emprendemento cooperativo.
Programa:
- Presentación da Rede Eusumo
- Módulo 1: O Territorio
- Módulo 2: Aspectos económicos
- Módulo 3: Aspectos sociais
- Módulo 3.2: Aspectos sociais e rede esumo
- Módulo 4: As smart cities, territorios smart e a tecnoloxía smart.
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do 982 23 80 00 / 679 73 21 63 / info@comarcadelugo.gal
Se queres visulizalo cartel formativo preme aquí.