Seminario: "Fórmulas de financiamento na economía social"

Espazocoop, USC e Finanzas Éticas organizan a través da Rede Eusumo a seguinte xornada:

FÓRMULAS DE FINANCIAMENTO NA ECONOMÍA SOCIAL

Data: 2 de outubro
Horario:
12:00 - 14:00 horas
Lugar: Aula B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Santiago de Compostela.
Obxectivo: achegar ao alumnado as diferentes fórmulas de financiamento para o impulso e consolidación de proxectos de economía social.
Programa:

  • Coñeces a Economía Social?
  • ​Mesa redonda: "As finanzas éticas e solidarias". Na que participarán: Gonzalo Gesto, Coordinador territorial de Fiare Banca Ética; Montse Rodríguez, Presidenta de AIS O PETO e Antón Insúa, Secretaria técnica de Coop 57.

Se queres visualizar o cartel preme aquí.

Esta actividade está enmarcada no proxecto "Unha perspectiva ética da empresa: a Economía Social desde as dimensións financeira, de gobernanza e igualdade" aprobado na IV Convocatoria de proxectos de innovación Educativa en Aprendizaxe da USC. Proxecto posto en marcha en materia Dirección Financeira II, de 4º curso de Grao en ADE 2019-2020.

 

Mércores, 2 October, 2019 - 12:00 to 14:00

Compartir