SALIMAT 2020. Do 04 ao 07 de xuño celebrarase a 24º edición do Salón de Alimentación do Atlántico

Do 4 ao 7 de xuño celébrase en Silleda a 24º edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2020.

Salimat é un espazo dirixido a profesionais do sector da alimentación. Neste participan destacados compradores españois e estranxeiros e importantes cadeas de distribución alimentaria. O deseño do espazo permite organizar reunións B2B marcadas polo interese mutuo e dispoñer dun expositor para que se acheguen ás decenas de distribuidores e importadores e se interesen polos seus produtos.

O salón ofrece a oportunidade de:

  • Presentar produtos nunha singular exposición e testar novidades
  • Contactar cun importante número de distribuidores e importadores
  • Atoparse con socios e clientes, tanto actuais como potenciais
  • Reforzar imaxe e notoriedade, tamén formando parte do programa de actividades

A esta cita tamén poderá acudir o público en xeral, aínda que a apertura ao público será tan só na fin de semana.

Se queres consultar o folleto con máis información preme aquí.

Venres, 13 March, 2020 - 13:00

Compartir