Rosa Gutiérrez Mougán - Mulleres na economía social
Rosa Gutiérrez é directora de negocio en Galega de Economía Social (GES), unha xestora de centros especiais de emprego.
GES é a matriz dun grupo de empresas de economía social participado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) nun 86,14% e XesGalicia, nun 13,86%. Á súa vez forma parte de CEGASAL, Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.
Os centros especiais de emprego (CEE) forman parte da economía social e teñen a finalidade de facilitarlles ás persoas con capacidades diferentes a inserción no réxime de traballo xeral, de maneira que lles aseguran un emprego remunerado á vez que lles prestan os servizos de axuste persoal e social necesarios.
Se queres visualizar o vídeo preme aquí.