Reto de Iniciativas para Ourense

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO), no marco da Rede Eusumo, lanza o "Reto de Iniciativas para Ourense" como parte do desenvolvemento do proxecto titulado “Laboratorio de iniciativas sostibles”, cuxa finalidade é fomentar a competitividade do tecido socio-económico da provincia de Ourense, así como a promoción do emprendemento, o cooperativismo e a economía social nos próximos anos.

Esta actividade consiste na realización, en formato presencial ou en liña, dun itinerario nas instalacións da CEO onde os/as participantes deseñarán unha idea de negocio viable para poñer en marcha na provincia ourensá. Deste xeito, a CEO aposta polo talento mozo e fomenta o impulso de novas iniciativas de economía social e proxectos que promovan un desenvolvemento sostible.

O reto levarase a cabo o 15 de febreiro de 2023, desde as 9 da mañá ata as 8 da tarde, co obxectivo de conseguir identificar máis de 100 iniciativas en menos de 8 horas para lograr un futuro mellor na provincia de Ourense.

Se queres participar nesta actividade, poderás facelo de xeito individual ou en grupo (clase, asociación, colegas, empresa…) inscribíndote a través da web de Laboratorio de Iniciativas Sostibles.

Ese mesmo día, de 12:00h a 14:00h, realizarase tamén a presentación institucional do proxecto por parte das autoridades e os responsables do mesmo.

 

Mércores, 15 February, 2023 - 09:00 to 20:00

Compartir