Resolve as túas dúbidas sobre as cooperativas e sociedades laborais!

A Rede Eusumo organiza a seguinte actividade en liña: "RESOLVE AS DÚBIDAS SOBRE COOPERATIVAS OU SOCIEDADES LABORAIS"

Data: 02 de decembro 2022

Horario: de 12:00 a 13:30 horas

Modalidade: en liña

Persoas destinatarias: esta acción está dirixida ao público en xeral que pretenda emprender e desexe resolver as súas dúbidas en canto ao funcionamento e a constitución deste tipo de entidades.

Obxectivos: 

  • Achegar o modelo cooperativo e das sociedades laborais ao público que quere emprender

  • Dar a coñecer o modelo cooperativo e asociativo

  • Achegar experiencias reais de emprendemento con exemplos de entidades de éxito en Galicia.

Programa:

  • Benvida e presentación da Rede Eusumo

  • Os valores da Economía Social

  • As Sociedades Laborais:

    • Características e particularidades

    • Tipos e exemplos

  • Coñecendo a fórmula empresarial cooperativa

    • As cooperativas como modelo empresarial: Características e particularidades, entorno cooperativo, principios e valores.

    • Tipos e exemplos de cooperativas

  • Axudas APROL Economía Social

  • Peche da actividade

Inscricións:

- Gratuíta
- Ata o día 01 de decembro a través do seguinte formulario.
- Máis información en eusumo.emprego@xunta.gal / 981 558 008

Preme aquí para descargar o folleto co programa formativo.

 

Venres, 2 December, 2022 - 12:00 to 13:30

Compartir