Relación de premiados nos Premios á Cooperación 2022

Este ano, os Premios á Cooperación foron para tres cooperativas ubicadas nas localidades de Fene, Vigo e Narón.

Os premios teñen por obxectivo impulsar esta fórmula económica e poñer en valor os seus principios entre a sociedade, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando coa súa aposta pola igualdade, a proximidade e a xeración de emprego na comunidade autónoma galega. Cada un dos premios está dotado con 5.000 euros.

Premio aos valores cooperativos recaeu na cooperativa Aventeira de Fene, por ter destacado no impulso dos valores e principios cooperativos.

No caso do Premio ao mellor proxecto cooperativo novo o galardón foi para 13 Grados de Vigo. Neste caso, concédese por ter unha antigüidade igual ou menor a 42 meses (tres anos e medio) e destacar nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.

Por último, o Premio á traxectoria cooperativa foille concedido á Agroflor, cooperativa agraria con sede no polígono de A Gándara, en Narón, por ter unha antigüidade maior de 42 meses e destacar pola súa traxectoria no ámbito económico e social.

Estas tres entidades destacaron polo seu compromiso coa igualdade e por fomentar o apego ao territorio e as prácticas medioambientais respectuosas.

 

Mércores, 18 Maio, 2022 - 09:00

Compartir