Relación de premiados nos Premios á Cooperación 2021

Este ano, do total de 15 solicitudes, os Premios á Cooperación foron para tres cooperativas ubicadas nas localidades de Ames, A Capela e Vigo.

Os premios teñen por obxectivo fomentar e difundir o cooperativismo e os seus principios e valores na sociedade, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na comunidade autónoma galega. Cada un dos premios está dotado con 5.000 euros.

Premio aos valores cooperativos recaeu na cooperativa Catro Ventos Editora de Vigo, debido a que é a cooperativa galega que máis destaca no impulso dos valores e principios cooperativos.

No caso do Premio ao mellor proxecto cooperativo novo o galardón foi para a cooperativa Cenlitrosmetrocadrado de Ames (A Coruña). Neste caso, concédese por ter unha antigüidade igual ou menor a 42 meses (tres anos e medio) e destacar nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.

Por último, o Premio á traxectoria cooperativa foille concedido á cooperativa Produtores del Campo de Capela da Capela (A Coruña), por ter unha antigüidade maior de 42 meses e destacar pola súa traxectoria no ámbito económico e social.

Podes consultar a publicación no DOG da Resolución do 1 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2021.

 

Mércores, 9 June, 2021 - 18:45

Compartir