Relación de premiados no Certame Cooperativismo no ensino 2022
Finalmente foron oito os centros educativos premiados no Certame Cooperativismo no ensino 2022. En concreto foron centros educativos das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.
Nesta convocatoria do 2022 os oito centros galardoados son de Cangas, Boiro, Redondela, Vigo, Vila de Cruces, O Porriño e Barreiros (Lugo).
- Na modalidade de actividades artísticas, recibiu o premio ao mellor traballo na categoría de 2º ciclo de educación infantil, o CEIP Plurilingüe Domaio, de Cangas por "Todos somos especiais: Cooperación espacial" e o accésit por "Escultura narrativa" o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, de Boiro.
Entre o alumnado de 1º e 2º de educación Primaria, o galardón foi para "S.O.S. ao planeta, cooperamos por un mundo máis sostible" do CEIP Plurilingüe Domaio, de Cangas e o accésit por: “Animalízate! Amor con patas: Museo dos Animais” do CEIP de Laredo, en Chapela (Redondela); o de 3º e 4º cursos de Primaria recaeu en "Cooperativa 3D" do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros (Lugo) e o accésit con “Mulleres estrela, creando referentes” do CEIP Plurilingüe Domaio; e por último, o de 5º e 6º do mesmo nivel educativo foi para "Tecendo a cooperativa" dos alumnos do CEIP San Miguel Reinante Barreiros e o accésit foi para “Na nosa orixe cooperamos para evolucionar” do CEIP Plurilingüe Domaio.
- Na modalidade de actividades cooperativizadas, dirixida a estudantes de centros de educación secundaria obrigatoria (ESO) e educación especial, o mellor traballo foi "Cooperativa Escolar O Mistral: Iniciativa “Para unha vida sen límites”" do Centro de Educación Especial Aceesca do Porriño e o accésit foi para “Lugh: Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil do Sobreiral de Valadares" do IES Valadares de Vigo.
- Na última das categorías, dirixida a recoñecer o esforzo dos centros de formación profesional e ensinanzas de réxime especial, o primeiro posto recaeu en "Sentidiño. Sociedade cooperativa xuvenil galega" do CIFP Imaxe e Son da Coruña. Nesta modalidade, o certame premia os mellores proxectos empresariais cooperativos. E o accésit ao proxecto empresarial finalista foi para “Contorno accesible” presentado polo alumnado do ES Marco do Camballón de Vila de Cruces (Pontevedra).
A entrega do galardón ao alumnado do centro CEIP de Laredo, en Chapela (Redondela) realizouse nun acto previsto para o luns 13 de xuño ás 12:30 horas. A xornada contou co espectáculo 'A caixa sen pandora' de Teatro Ghazafelhos para os asistentes.
A compañía presentou no centro educativo un espectáculo no que se preguntan: Que pasaría se Pandora non abrira a súa caixa?
O colexio de Laredo non será o único centro da provincia galardoado este ano no 'Cooperativismo no ensino'. O IES de Valadares en Vigo recibiu xa o accésit na Modalidade de actividades cooperativizadas, a mesma categoría pola que o martes 14 de xuño recibiu o premio o Centro de Educación Especial ACEESCA no Porriño.
Amais, o Colexio de Domaio, en Moaña, recibirá o venres 17 de xuño os catro recoñecementos dos que é merecedor, dous primeiros premios e dous accésits.
Completan o listado de centros premiados nesta edición o CEIO de Barreiros na Mariña lucenre e o CEIP de Abanqueiro, en Boiro.
Estas son algunhas imaxes das entrega de premios que convocou a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social: