Relación de premiados no Certame Cooperativismo no ensino 2021

Seis foron os centros educativos premiados no Certame Cooperativismo no ensino 2021. En concreto, un centro de Vigo, Oleiros (A Coruña), Moaña (Pontevedra), Barreiros (Lugo) e Redondela (Pontevedra).

Nesta convocatoria do 2021 presentáronse 59 centros, dos cales estes seis foron os galardoados:

  • Na modalidade de actividades artísticas, recibiu o premio ao mellor traballo na categoría de 2º ciclo de educación infantil, o CEIP San Miguel de Reinante de Barreiros (Lugo) por "A que sabe o cooperativismo?" e o accésit por "Máis ca un abecedario" o CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán.
    Entre o alumnado de 1º e 2º de educación Primaria, o galardón foi para "Laredópolis: a cidade dos nosos soños" do CEIP de Laredo en Redondela (Pontevedra) e o accésit por: “Cooperamos porque cada gota importa. A auga en Domaio é cousa de todo@s” do CEIP Plurilingüe Domaio; o de 3º e 4º cursos de Primaria recaeu en "Historia para con-vivir e cooperar" do CEIP Plurilingüe de Domaio de Moaña (Pontevedra) e o accésit con “Fin cooperativo ata...a FIN” do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros; e por último, o de 5º e 6º do mesmo nivel educativo foi para "Os Limpacovids" dos alumnos do CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal de Oleiros e o accésit foi para “Voo cooperativo” do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros.
     
  • Na modalidade de actividades cooperativizadas, dirixida a estudantes de centros de educación secundaria obrigatoria (ESO) e educación especial, o mellor traballo foi "Co2perativa: Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil do Sobreiral de Valadares" do IES Valadares de Vigo e o accésit foi para “O BANCO DO TEMPO do IES Pobra do Caramiñal” do IES A Pobra do Caramiñal.
     
  • ​Na última das categorías, dirixida a recoñecer o esforzo dos centros de formación profesional e ensinanzas de réxime especial, o primeiro posto recaeu en "Capptus Apps Turísticas" do Instituto de Educación Secundaria e Profesional Manuel Antonio de Vigo. Nesta modalidade, o certame premia os mellores proxectos empresariais cooperativos. E o accésit ao proxecto empresarial finalista foi para “Mareando” presentado polo alumnado do CPR Colexio Mendiño.

A entrega dos galardóns ao alumnado de infantil, primaria, secundaria e educación especial realizarase nun acto previsto o próximo 15 e 16 de xuño no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Realizarase en dúas xornadas que está previsto retransmitir por streaming e que contarán con espectáculos teatrais para os asistentes.

No caso dos proxectos empresariais dos centros de formación profesional e ensinanzas de réxime especial, a entrega realizarase o Día Internacional do Cooperativismo que cada ano se celebra o primeiro sábado do mes de xullo.

Para consultar a relación definitiva cos traballos premiados dacordo coa Resolución do 26 de maio de 2021, preme aquí.

Podes consultar tamén a publicación no DOG a Resolución do 1 de xuño de 2021 da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios do certame Cooperativismo no ensino 2021.

 

Venres, 28 Maio, 2021 - 10:30

Compartir