LOADING

Que é a Rede Eusumo

Rede Eusumo: cooperativismo e economía social

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

A través da rede eusumo:

  • Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
  • Posta a disposición de medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social.
  • Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego cooperativo.

Qué obxectivos persegue?

  • Proporcionar información, formación, orientación e asesoramento no ámbito cooperativo e de economía social.
  • Acompañar e asesorar proxectos empresariais cooperativos e de economía social.
  • Promocionar as Tecnoloxías da Información e Comunicación así como o impulso da I+D+i e do traballo en rede.
  • Apoiar a comercialización e internacionalización das cooperativas, promovendo encontros internacionais e transfronteirizos para o intercambio comercial e a cooperación empresarial.
  • Realización de análises e estudos en temáticas de interese para a economía social, así como para o desenvolvemento local.
  • Reforzar a presenza de asociacións e empresas de economía social en redes de intercooperación de carácter nacional e internacional para a promoción do cooperativismo e da economía social.

Vantaxes de pertenza á Rede Eusumo?

As entidades adheridas á Rede obterán as seguintes vantaxes:

  • Beneficios propios dunha colaboración en rede, compartindo esforzos e resultados con outras entidades con intereses similares, acadando ademais unha rendibilidade dos medios e recursos utilizados para o fomento do emprendemento cooperativo, a economía social e o desenvolvemento local.
  • Utilización dos diferentes centros da Rede para as actividades da propia entidade.
  • Poderán ser beneficiarias dos diferentes apoios e incentivos que a Consellería de Traballo e Benestar promova para o impulso do cooperativismo e a economía social.
  • Terán prioridade no aproveitamento de aqueles recursos e medios que a Consellería de Traballo e Benestar elabore para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Asemade estarán a disposición das entidades adheridas á Rede Eusumo en xeral, os seguintes medios e recursos:

  • Medios técnicos necesarios para as labores de formación, información e asesoramento nos Centros da Rede Eusumo.
  • Recursos didácticos e material divulgativo.
  • Elementos e accións para a promoción, difusión e coñecemento do cooperativismo e a economía social tales como exposicións itinerantes, escola cooperativa móbil e calquera outro elemento e acción considerado para tal fin.
  • Documentación de apoio en repositorios virtuais.