A Rede Eusumo organiza o webinar para axentes intermedios: "Coñece as axudas para a creación de cooperativas e sociedades laborais"

A Rede Eusumo organiza o webinar:

"COÑECE AS AXUDAS PARA A CREACIÓN DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS" 
 

Datas: 13 de abril (Lugo), 15 de abril (A Coruña), 20 de abril (Ourense), 22 de abril (Pontevedra)

Horario: 10:00 - 11:15 h

Modalidade: en liña

Público obxectivo: Axentes de emprego e orientadores laborais de oficinas de emprego de Galicia e outros axentes intermedios que teñan contacto directo con persoas emprendedoras interesadas en coñecer as axudas e apoios as entidades de economía social.

Obxectivos: Promover a economía social e os apoios e axudas á creación de cooperativas e sociedades laborais entre axentes intermedios que favorecen o impulso de proxectos empresariais, así como divulgar os recursos e as ferramentas de apoio existentes.

Programa

  • 10:00 h. Apertura da sesión e presentacións.
  • 10:05 h. Axudas APROL economía social e caso práctico.
  • 11:00 h. Recursos e contactos da Rede Eusumo.
  • 11:05 h. Quenda de preguntas.
  • 11:15 h. Peche.

Inscrición:

Para máis información: eusumo.emprego@xunta.es / 981558008

Para consultar o programa completo da xornada preme aquí.

 

Martes, 13 April, 2021 - 10:00 to Xoves, 22 April, 2021 - 11:15

Compartir