A Rede Eusumo asiste á 1ª feira de emprego celebrada no campus universitario de Ourense

A Rede Eusumo participou na 1ª feira de emprego que a Universidade de Vigo celebrou no Campus de Ourense para achegar a economía social á comunidade universitaria.

María Jesús Lorenzana, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, tamén asistiu a esta feira, onde puxo en valor a oportunidade que supoñen este tipo de iniciativas para dar a coñecer de primeira man as opcións profesionais de entidades que representan diferentes sectores.

Ademais, a Xunta dispuxo un stand para dar a coñecer a Axenda Galega de Capacidades e a nova Rede de polos de emprendemento, dúas iniciativas vinculadas ao territorio que promove o Goberno galego.

Fonte: Xunta de Galicia

 

Xoves, 30 March, 2023 - 12:00

Compartir