Queres ser axente de turismo inclusivo? | Itinerario formativo

 

MAR DE AMICOS organiza o itinerario formativo "Queres ser axente de turismo inclusivo?", que se levará a cabo entre o 19 e o 30 de xuño de 2023.

O luns 19 de xuño as 10 da mañá na Lonxa de Ribeira realizarase a presentación dos cursos que se inclúen dentro deste itinerario:

Curso de técnicas de guiado e dinamización de roteiros turísticos mariñeiros - 15h

  • Ten como finalidade a ensinanza de habilidades e técnicas para a realización de rutas turísticas do sector marítimopesqueiro.

Curso de oratoria e imaxe enfocado á atencion ao cliente - 10h

  • Traballaranse técnicas de comunicación oral e xestual para o desenvolvemento de actividades cara o público.

Curso de xestión de rexistros e inscricións en actividades turísticas - 15h

  • Aprenderanse os procesos a seguir e a documentación necesaria para a organización e xestión de actividades turísticas.

O obxectivo dos cursos é a promoción laboral dos participantes ao ámbito turístico marítimo-pesqueiro e están adaptados a persoas con discapacidade.

A formación será presencial e online e realizarase en horario de mañá. Algunhas das saídas formativas poderán realizarse en horario de tarde, sustituindo ás clases da mañá.

Inscríbete en fundamar@fundamar.org ata o 16 de xuño.

Consulta o cartel completo destas sesións formativas.

 

MAR DE AMICOS é unha iniciativa de colaboración estratéxica entre FUNDAMAR e Amicos, que conta co apoio da Rede Eusumo.

Este proxecto ten como obxectivo fomentar a empregabilidade de persoas con discapacidade a través da promoción do turismo inclusivo e a accesible entorno ao patrimonio marítmo pesqueiro.

 

Luns, 19 June, 2023 - 10:00 to Venres, 30 June, 2023 - 14:00

Compartir