Queres crear unha web? Comeza con WordPress! Formación blended learning

Título: Queres crear unha web? Comeza con WordPress! 

Descrición: Este obradoiro, de carácter práctico, vai enfocado a que as persoas participantes adquiran os coñecementos básicos para comezar a realizar o seu propio blog ou web, a través do software libre WordPress, coa finalidade de mellorar a comunicación da súa empresa/entidade de economía social e aumentar a súa visibilidade, tanto a través da mellora do posicionamento como abrindo novas canles de comunicación.

Duración: 16 horas blended learning (9 h de formación presenciais + 5 h de caso práctico + 2 h de titorías)

Lugar: As sesións presenciais celebraranse o 5 e o 7 de marzo na aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís (Rúa Terranova de Eirís nº 7, A Coruña)

Datas: Do 5 ao 27 de marzo 

Horario das sesións presenciais: As sesións presenciais celebraranse o 5 e o 7 de marzo en horario de 09.30 a 14.00 horas

A inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es  ata o 27 de febreiro

Programa formativo

Actividade desenvolvida pola Rede Eusumo

 

Luns, 5 March, 2018 - 11:00 to Martes, 27 March, 2018 - 12:00

Compartir