LOADING

Que é a Rede Eusumo

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

 

A través da Rede Eusumo:

  • Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
     
  • Póñense a disposición das persoas e entidades interesadas medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social.
     
  • Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego na economía social.

 

Que obxectivos persegue?

  • Proporcionar información, formación, orientación e asesoramento no ámbito cooperativo e de economía social.
     
  • Acompañar e asesorar proxectos empresariais cooperativos e de economía social.
     
  • Promocionar as tecnoloxías da información e comunicación así como o impulso da I+D+i e do traballo en rede.
     
  • Apoiar a comercialización e internacionalización das entidades de economía social, promovendo encontros internacionais e transfronteirizos para o intercambio comercial e a cooperación empresarial.
     
  • Realización de análises e estudos en temáticas de interese para a economía social, así como para o desenvolvemento local.
     
  • Reforzar a presenza de asociacións e empresas de economía social en redes de intercooperación de carácter nacional e internacional para a promoción do cooperativismo e da economía social.

Cales son as vantaxes de pertencer á Rede Eusumo?

As entidades adheridas á Rede obterán as seguintes vantaxes:

  • Colaboración en rede con outras entidades que teñen obxectivos semellantes.
     
  • Utilización dos diferentes centros da rede.
     
  • Acceso a diferentes apoios e incentivos.
     
  • Prioridade no aproveitamento de recursos e medios para o fomento da economía social.
     
  • Recursos didácticos e material divulgativo e documentación de apoio.
     
  • Difusión das actividades e fins da entidade.

Así mesmo estarán a disposición das entidades adheridas á Rede Eusumo en xeral, os seguintes medios e recursos:

  • Medios técnicos necesarios para os labores de formación, información e asesoramento nos Centros da Rede Eusumo.
     
  • Recursos didácticos e material divulgativo.
     
  • Elementos e accións para a promoción, difusión e coñecemento do cooperativismo e a economía social.
     
  • Documentación de apoio en repositorios virtuais.