Publicadas as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción e as súas entidades promotoras

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das axudas ás enpresas de inserción e as súas entidades promotoras para a anualidade 2024.

Cal é a finalidade destas axudas?

Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción que teñan centros de traballo en Galicia a través de 2 programas de axudas:

PROGRAMA I: para o mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social

PROGRAMA II: para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2024.

As solicitudes presentaranse por separado para cada un dos programas, obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexos I e II) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia:

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Descarga o folleto

 

Luns, 19 February, 2024 - 13:30

Compartir