Bono Consolida Economía Social 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia "Bono consolida economía social" para a anualidade 2023.

A finalidade da orde é apoiar a consolidación das entidades da economía social e reforzar a súa presencia no tecido económico de Galicia co fin de incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade.

Poden ser beneficiarias desta convocatoria as:

  1. Sociedades cooperativas
  2. Sociedades laborais
  3. Empresas de inserción
  4. Centros especiais de emprego

Os conceptos subvencionables son:

  1. Equipamento informático.
  2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas Web.
  3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
  4. Mellora na eficiencia enerxética.
  5. Adquisición de equipamento.
  6. Reforma do local de negocio.
  7. Mobiliario.
  8. Obtención de certificacións de calidade.
  9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
  10. Plan de Protección de datos.
  11. Elementos de transporte
  12. Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estean dados de alta no RETA

A contía da axuda será do 90 % do custo total dos gastos subvencionables, cos seguintes límites:

  • 5000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos subvencionables 3, 8, 9, e 10
  • 600 € para cada actividade formativa que realice cada persoa socia da entidade que estea inscrita no RETA

O limite máximo das axudas establécese en 30 000 € por cada entidade solicitante.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 15 de setembro de 2023.

Antes de facer a solicitude, consulta a orde completa premendo aquí.

Se queres consultar o folleto da axuda preme aquí.

 

Venres, 15 September, 2023 - 23:45

Compartir