Publicada a orde de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abre a convocatoria das subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para as anualidades 2023 e 2024.

finalidade destas axudas é apoiar a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social en Galicia.

As achegas serán dun máximo de 190 000 euros e poderán ser entidades beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos na orde:

  • As asociacións de entidades de economía social
  • Os concellos de Galicia e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais
  • As cámaras de comercio
  • As universidades
  • As fundacións e asociacións e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais

As actividades subvencionables son: 

  1. Actividades xerais de promoción da economía social
    1. Actividades de divulgación
    2. Actividades de asesoramento
    3. Actividades de formación
  1. Actividades relativas aos sectores específicos da economía social
    1. Actividades de divulgación
    2. Xeración de novo coñecemento en economía social
    3. Formación para a creación e consolidación de proxectos de economía social
    4. Asesoramento e apoio a proxectos de economía social
    5. Difusión e visibilización da economía social

As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, entre o 3 de agosto e o 4 de setembro do 2023.

O orgamento da Rede Eusumo para o 2023-2024 será de 690 000 euros, que se destinarán a apoiar os colectivos que colaboran coa Rede Eusumo e contribuír ao impulso do cooperativismo e as fórmulas da economía social na comunidade galega. Da totalidade deste orzamento, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade reservará 390 000 euros para apoiar actividades de sectores específicos como o dos coidados, o agroalimentario, a economía circular, as enerxías renovables, as novas tecnoloxías, ou do sector industrial e das industrias culturais. 

Antes de presentar a solicitude, consulta as bases reguladoras publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Tamén podes consultar o folleto da axuda premendo aquí e ler a nota de prensa da Xunta de Galicia aquí.

 

Mércores, 2 August, 2023 - 12:00

Compartir