Publicada a convocatoria de Incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL)

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou a Orde do 30 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se convocan para o ano 2017.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2017, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de que poidan cumprir a súa función social.

Para poder beneficiarse das axudas convocadas, é necesario que as entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral cumpran as condicións e os requisitos establecidos na orde para os distintos tipos de axudas. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 4 de setembro de 2017.

Pode consultar a orde completa aquí

Para consultar máis información sobre a convocatoria e a presentación de solicitudes, prema aquí 

 

Martes, 8 August, 2017 - 11:45

Compartir