Programa RR_dTerritorio | 3ª Edición

Fundación Roberto Rivas lanza a 3.ª edición do Programa RR_dTerritorio de incubación de proxectos de emprendemento social innovadores no territorio de Galicia.

Vai dirixido a persoas menores de 30 anos, que teñan espírito emprendedor e queiran aprender a lanzar unha empresa innovadora e sustentable en Galicia. Ademais, deben ser persoas comprometidas co territorio e que teñan dispoñibilidade e tempo libre este verán.

Este programa ofrece a oportunidade de formarse para emprender de maneira 100 % práctica. Levarase a cabo entre o 22 de maio e o 22 de setembro de 2023 en horario de mañá.

A modalidade é principalmente en liña, ainda que se realizarán algunhas actividades de forma presencial en ubicacións do interior de Galicia, e en particular no espazo da Fundación Roberto Rivas denominado "La Moda" Rural Lab, en Silleda.

Módulos formativos prácticos:

  1. Design thinking
  2. Viabilidade económica e financiamento
  3. Marketing en liña e redes sociais
  4. Comunicación e pitch
  5. Economía circular e sostibilidade
  6. Economía social
  7. Emprendemento con propósito

Tes ata o 22 de maio para inscribirte a través deste formulario.

Máis información en rrdterritorio.com

 

Luns, 22 Maio, 2023 - 09:00 to Venres, 22 September, 2023 - 21:00

Compartir