Programa Medrando Xuntas 2023 | Socias e Traballadoras

A Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social pon de novo en marcha o programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social. O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras.

Medrando Xuntas Socias e Traballadoras está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social en Galicia que sexan socias e/ou traballadoras.

O obxectivo xeral deste programa é ofrecer un curso específico enfocado para empoderar as mulleres pertencentes ás organizacións de economía social en contornas urbanas e rurais.

O progarma de Socias e Traballadoras ofrece unha formación de 20 horas de duración distribuídas en 5 sesións en liña a través da plataforma Zoom, que se levará a cabo nos meses de abril e maio de 2023, nas seguintes datas:

Ademáis, o venres 16 de xuño de 2023 terá lugar o VI Foro Medrando Xuntas ao cal todas as participantes da formación están invitadas. Levarase a cabo en modalidade presencial na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

Os contidos do programa estruturaranse da seguinte forma:

Bloque 1. Introdución

Bloque 2. Xestión das organizacións de economía social

2.1. Xestión e funcionamento das entidades de economía social

2.2. Responsabilidade social

2.3. Introdución ás TIC

Bloque 3. Habilidades persoais

3.1. Habilidades de liderado

3.2. Desenvolvemento e marca persoal

3.3. Comunicación e oratoria

As mulleres interesadas en participar no proceso de selección do programa deberán solicitar a súa admisión, ata o 9 de marzo de 2023, cubrindo o formulario.

Consulta o folleto do programa premendo aquí.

 

Xoves, 9 March, 2023 - 00:00 to 23:45

Compartir