Programa Explorer de emprendemento

Universidade da Coruña lanza unha nova edición do Programa Explorer de emprendemento "Valida unha idea de negocio, conecta con outros emprendedores e viaxa a Europa co teu proxecto".

Se tes entre 18 e 31 anos, ganas de xerar un impacto positivo no mundo e queres emprender e adquirir habilidades trasversais, inscríbete en Explorerbyx.org antes do 9 de decembro

O programa Explorer axúdache a experimentar o emprendemento como opción profesional. Traballarás sobre a túa idea transformándoa nunha solución que contribúa a lograr os ODS 2030, cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social.

  • Lugar: UDC A Coruña Space e UDC Ferrol Space 
  • Duración: 12 semanas (do 24 de xaneiro ao 24 de abril de 2022) 
  • Prezo: gratis
  • Participación: só/a ou en equipo (máximo 5 persoas)
  • Metodoloxía: learning by doing (sesións presenciais ou virtuais e espazo en liña de traballo social e colaborativo)
  • Titorización: cada proxecto será guiado e acompañado por un/unha coordinador/a e un xcout (mentor/a).  

o    Certificado de participación para os proxectos que completen as actividades do programa. 

o    Explorer Trip: viaxe dunha semana de duración no verán de 2022 á European Innovation Academy de Oporto, Portugal. 

o    Validación da idea coa que aplicaches ao programa. 

o    Comunidade: acceso a unha comunidade global de mozos innovadores con máis de 1.000 participantes en cada edición e a incorporación de Explorer Spaces latinoamericanos e europeos. 

Aquí podes consultar as bases da convocatoria.

Mais información: premendo nestas ligazóns UDC A Coruña Space - UDC Ferrol Space ou no emprego.vepem@udc.es

Inscrición: a través desta ligazón

 

Xoves, 25 November, 2021 - 10:45 to Xoves, 9 December, 2021 - 10:45

Compartir