Programa Emega

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia para a anualidade 2023.

A finalidade da subvención é o apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial.

O programa Emega comprende as seguintes liñas de axudas:

  1. Liña Emprende: liña de axudas económicas para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
  2. Liña Activa: liña de axudas económicas para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade.
  3. Liña ITEF: liña de axudas económicas para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica.
  4. Liña Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Poden ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2022 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria.

Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de 4 812 264 €, dos cales o 60 % está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

As subvencións establecidas nesta resolución para as liñas Emprende, Activa e ITEF son incompatibles entre si, e dentro de cada liña soamente poderán ser beneficiarias dun único incentivo. Estes incentivos son compatibles coa axuda complementaria Concilia prevista nesta resolución.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 7 de agosto de 2023.

Antes de facer a solicitude, consulta a orde completa premendo aquí.

 

Luns, 7 August, 2023 - 23:45

Compartir