Programa de Intercooperación: Encontro Intersectorial Cultura-TOPMA e Ensino
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o "Encontro Intersectorial Cultura-TOPMA e Ensino" no marco da Rede Eusumo.
Data: 27 de setembro
Horario: de 15:30 h a 18:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: cooperativa A Morada (Vigo)
Obxectivos:
- Favorecer o coñecemento mutuo entre as entidades participantes, tanto a nivel sectorial como intersectorial
- Presentación dos servizos, actividades, materiais de traballo e produtos ofertados polas cooperativas de Cultura-TOPMA que poden ser susceptibles de aplicación nas cooperativas de Ensino (actividades extraescolares, complementarias, formación profesorado e/ou ANPAS, servizos pedagóxicos, material escolar, organización de espazos...)
- Establecemento de canles de comunicación directa entre as cooperativas das dúas sectoriais
- Clarificación dos criterios, preferencias, requisitos e calendarios de aplicación que teñen as cooperativas de ensino á hora da contratación destes servizos
- Estimular e acompañar ao emprendemento e consolidación de proxectos e/ou procesos de intercooperación
Persoas destinatarias:
- Persoas socias da cooperativas activas, principalmente aquelas que conforman as sectoriais de Cultura-TOPMA e a de Ensino
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de 623 30 15 33 ou roberto@espazo.coop
Descarga o programa
Venres, 27 September, 2024 - 15:30 to 18:00