Programa de axudas Rede Eusumo 2021

Subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

Entidades beneficiarias: poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde:

  • As asociacións de entidades de economía social
  • Os concellos de Galicia e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais
  • As cámaras de comercio
  • As universidades
  • As fundacións e asociacións e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais

Obxecto: establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións a entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de febreiro de 2021.

Para consultar a orde, preme aquí.

Podes consultar o folleto das axudas da Rede Eusumo 2021 aquí.

 

Xoves, 21 January, 2021 - 16:30 to Luns, 22 February, 2021 - 16:30

Compartir