Programa de axudas Rede Eusumo

Subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

Entidades beneficiarias: poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde:

  • As asociacións de entidades de economía social
  • Os concellos de Galicia e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais
  • As cámaras de comercio
  • As universidades
  • As fundacións e asociacións e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.

Obxecto: establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións a entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación das solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para consultar a orde, preme aquí.

Podes consultar o folleto das axudas da Rede Eusumo 2020.

 

Mércores, 22 January, 2020 - 09:00

Compartir