Programa de axudas a centros especiais de emprego

Obxecto: Fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual das subvencións aos centros especiais de emprego (CEE) establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través dos seguintes programas:

  • PROGRAMA I: axudas ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social.
  • PROGRAMA II: axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica.
  • PROGRAMA III: axudas ao financiamento parcial do custo salarial das persoas con discapacidade.

Poderán ser entidades beneficiarias desta convocatoria:

  1. os centros especiais de emprego inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo.
  2. aqueles centros que na data de presentación da solicitude da axuda teñan solicitado a súa cualificación como centro especial de emprego ou a ampliación de novos centros de traballo.

Prazo de presentación de solicitudes: Un mes a partir do día seguinte á publicación da orde no DOG

Para consultar a orde completa podes premer aquí.

Se queres consultar o folleto da axuda podes descargalo premendo aquí.

 

Luns, 27 July, 2020 - 17:15

Compartir