Programa colectivos: a solución é cooperativa

EspazoCoop organiza a teleformación “Programa colectivos: a solución é cooperativa”, en colaboración co Concello de Lugo e ca Federación de Asociacións do Ámbito Social - FADAS Lugo, no marco da Rede Eusumo.

Este programa terá unha duración total de 60 horas que se levarán a cabo entre o 25 de abril e o 9 de xuño de 2023.

O obxetivo desta actividade é achegar o modelo cooperativo a persoas que están buscando emprego, que queren emprender ou que están traballando e que teñen interese en desenvolver un proxecto de
emprendemento cooperativo.

O programa divídese en 3 cursos de 20 horas cada un:

  1. Emprendemento en cooperativa | Do 25 de abril ao 5 de maio

Módulo 1.- O emprendemento. A situación actual do emprego.

Módulo 2.- O cooperativismo de traballo, alternativa de emprego.

Módulo 3.- Organización e financiamento. Apoios para o emprendemento.

Módulo 4.- Experiencia cooperativa.

  1. Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | Do 9 ao 19 de maio

Módulo 1.- A Comunicación.

Módulo 2.- O traballo en equipo.

Módulo 3.- A toma de decisións.

Módulo 4.- O liderado nas cooperativas.

  1. Desenvolvendo a idea cooperativa | Do 30 de maio ao 9 de xuño

Módulo 1.- Identifica o teu proxecto cooperativo.

Módulo 2.- Analiza as áreas comercial e de mercado.

Módulo 3.- Estuda a viabilidade económica e financeira.

Módulo 4.- Planifica a área organizativa e os trámites de constitución.

Cada curso terá unha sesión virtual e unha sesión presencial. As sesións virtuais levaranse a cabo a través da Aula Virtual de EspazoCoop e as sesións presenciais terán lugar no CEI NODUS (Av. da Coruña, 500, 27003 Lugo).

Inscríbete a través deste formulario.

Consulta o cartel completo da actividade.

Para máis información contacta con patane@espazo.coop ou 697 877 773.

 

Martes, 25 April, 2023 - 00:00 to Venres, 9 June, 2023 - 23:45

Compartir