Programa Aprol Economía Social 2024
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social) para a anualidade 2024.
Cal é a finalidade destas axudas?
Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas de axudas:
PROGRAMA I: Fomentar a incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.
PROGRAMA II: Fomento do acceso:
- Á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou de sociedades laborais.
- De persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.
Quen pode solicitar estas axudas?
Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran os requisitos e as condicións xerais recollidas na orde:
PROGRAMA I:
- Cooperativas
- Sociedades laborais
PROGRAMA II:
- Persoas desempregadas
- Persoas socias ou traballadoras de cooperativas
- Persoas socias ou traballadoras de sociedades laborais
- Persoas socias ou traballadoras doutras empresas que se transformen en cooperativas ou sociedades laborais
Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 16 de setembro de 2024.
- TR802G - Programa I: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- TR802J - Programa II: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.
Descarga o folleto