Programa Aprol - economía social 2022 - PECHADO O PRAZO

A Consellería de Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol - economía social) que se convocan para o ano 2022.

obxectivo desta orde é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas de axudas, un para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e outro para o fomento do acceso á condición de persoa socia.

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións xerais e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:

  • As cooperativas e sociedades laborais, para as actuacións previstas para o programa I.
  • As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións previstas para o programa II.

O orzamento total desta subvención ascende a 3.800.000,00 €, sendo a distribución entre programas a seguinte:

- Programa I: 2.100.000,00 €

- Programa II: 1.700.000,00 €

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2022, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Para consultar a orde completa, preme aquí.

Para descargar o folleto, preme aquí.

 

Venres, 21 January, 2022 - 09:00 to Venres, 30 September, 2022 - 09:00

Compartir