Programa Aprol - economía social 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol - economía social) que se convocan para o ano 2020.

O obxectivo desta orde é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas de axudas, un para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e outro para o fomento do acceso á condición de persoa socia.

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións xerais e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:

  • As cooperativas e sociedades laborais, para as actuacións previstas para o programa I.
  • As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións previstas para o programa II.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Para consultar a orde completa, preme aquí.

Para descargar o folleto, preme aquí.

 

Venres, 10 January, 2020 - 09:00 to Mércores, 30 September, 2020 - 09:00

Compartir