Programa Aprol - Economía Social 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol - economía social) que se convocan para o ano 2019.

O obxectivo desta orde é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións xerais e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:

  • As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas para o programa I.
  • As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións previstas para o programa II.

prazo de presentación de solicitudes finaliza o 1 de outubro de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Para consultar a orde completa prema aquí.

Para descargar o folleto prema aquí.

AMPLIACIÓN DO ORZAMENTO:

Ampliación da dotación orzamentaria inicial en 1.771.438,00 euros, sendo o montante total de 3.839.593,00 €.
Esta modificación non afecta os prazos establecidos para a presentación de solicitudes na Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2019.

Podes consultar a orde premendo aquí.

 

Xoves, 18 July, 2019 - 09:00 to Sábado, 18 July, 2020 - 09:00

Compartir