Procesos de internacionalización para as entidades de economía social | Edición II

Desde a Rede Eusumo lanzamos a segunda edición do curso ‘Procesos de internacionalización para as entidades de economía social’.

Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 8 e o 22 de agosto de 2023 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.

O obxectivo desta formación é introducir ao alumnado no proceso de internacionalización e facilitarlles a toma de decisións estratéxicas.

Trátase dun curso gratuíto dirixido a empresas interesadas no proceso de internacionalización do seu negocio ou ao público que desexe adquirir coñecementos acerca da internacionalización.

Os distintos módulos están orientados a dar a coñecer os conceptos básicos, a importancia do plan de internacionalización, da adaptación do produto ao novo mercado e a xestión operativa para poder levar a cabo a exportación

MÓDULO 1. A globalización e a internacionalización

MÓDULO 2. O proceso de internacionalización

MÓDULO 3. As diferenzas culturais entre países

MÓDULO 4. O marketing internacional

MÓDULO 5. A xestión operativa internacional

As inscricións estarán abertas ata o 7 de agosto de 2023 e faranse seguindo estes pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Descarga o cartel da formación.

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

 

Martes, 8 August, 2023 - 00:00 to Martes, 22 August, 2023 - 23:45

Compartir