Primeiro obradoiro de Igualdade en Campodeza nas cooperativas con AGACA e Rede Eusumo

Mañá comeza na Cooperativa Campodeza (Lalín) un obradoiro de dous días para promover a igualdade de xénero nas cooperativas. 

Un grupo de persoas socias da cooperativa Campodeza participará na formación que organiza AGACA no marco da Rede Eusumo.

O obxectivo é mostrar os beneficios da consecución da igualdade de xénero nas cooperativas e contribuír ao empoderamento das persoas socias.

 
A cooperativa Campodeza (Gresande, Lalín) acollerá entre mañá e o xoves o primeiro dos obradoiros sobre “Igualdade de xénero nas cooperativas” organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) dentro da Rede Eusumo para a promoción da economía social  e o emprendemento. 
 
Durante a primeira xornada  definirase a igualde de xénero e en que medida afecta á actividade cotiá da cooperativa, contribuíndo a tomar conciencia de como un entorno igualitario implica beneficios para que a entidade logre os seus obxectivos sociais e de negocio.
 
O xoves estará dedicado ao empoderamento, afondando en xeitos de identificar e mellorar as propias capacidades de liderado, así como a determinar que particularidades definen a un líder estudando líderes mundiais como exemplo.   
 
Rede Eusumo
 
Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria. 
 
Martes, 5 September, 2017 - 17:30

Compartir